
Este
luns 1 de febreiro a Biblioteca Municipal de Gondomar acollerá unha nova sesión do
Contomar, o contacontos que Espazo Lectura organiza semanalmente para nenos e nenas de máis de 3 anos. Nesta ocasión, a sesión incluirá, entre outros, o conto
Velliñas e as historias de Moi, a nena protagonista de
A illa dos cangrexos violinistas, un conto de
Xavier Queipo publicado por
OQO editora. Ademais celebraremos o
cumprecontos de Hadriana, unha das nenas que asisten á actividade. A cita será, coma sempre, ás
18:00 horas.
Estas son algunhas imaxes da sesión da semana pasada.




No hay comentarios:
Publicar un comentario