
O sábado 29 de xaneiro terá lugar a sesión mensual do
Club de Lectura Compartida Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais, e organizado por Espazo Lectura.
Nesta ocasión, o libro que centrará a sesión é
A máquina contacontos (editorial Rodeira), do escritor galego establecido en Londres
Xelís de Toro.
Viaxaremos a Londres para falar co autorO autor non poderá estar na
Biblioteca de Gondomar, por iso, serán os asistentes ao club os que fagan unha viaxe virtual á capital británica e terán oportunidade de falar con Xelís de Toro grazas ás novas tecnoloxías. A cita é o sábado ás
12.00 horas.
O libroA historia que narra
A máquina contacontos ten lugar nun mercado londiniense chamado Walthamstow. A este mercado, sen faltar un só sábado, acudía un home que era propietario dunha curiosa máquina que tiña a asombrosa particularidade de inventar contos. E ninguén parecía coñecer o segredo da máquina, ata que…
O autor
Xelís de Toro naceu en Santiago de Compostela en 1962 e reside en Londres. Foi letrista e cantante do grupo Os Quinindiolas. Escribe literatura infantil e xuvenil e tamén para adultos. Algúns dos seus libros de narrativa son:
Seis cordas e un corazón (co seudónimo de Roque Morteiro), Premio Compostela Cultural;
Non hai misericordia, Premio Narrativa Cidade de Lugo;
Os saltimbanquis no paraíso, Premio San Clemente en 2000;
Terminal;
O trompetista e a lúa;
The Corunna boats ou
Riofero.
Por outra parte, foi socio fundador da editorial
Edicións Positivas e dirixiu a revista
Anima+I durante o primeiro ano.

Xelis de Toro mantén na rede o espazo
http://laboratoro.net/.