Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, para o Lendo Contigo do mes de marzo escollemos como lectura Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can), unha divertida obra treatral de Roberto Salgueiro publicada por Baía Edicións.Cambio de díaA sesión trasládase do último sábado de mes (o seu día habitual) ao
domingo 27, para poder contar coa presenza do autor. Coma sempre, será a partir das
12.00 horas.
E pola tarde, imos aos teatroO propio domingo, a partir das
18.00 horas no
Auditorio Lois Tobío de Gondomar, dentro da programación da Mostra de Teatro da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, teremos a oportunidade de ver a montaxe desta obra da man da compañía
Talía Teatro. Dese xeito, os nenos e nenas que previamente leron o texto poderán ver como se transforma en representación teatral.
O libroValentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can) é unha comedieta farsesca dirixida ao público infantil, como a define o seu autor. Transcorre en Venecia (Italia) nunha fría noite do século XVIII.
Valentino Rufini, de regreso á súa casa en Milán, é abandonado polo seu criado, que marcha con todos os seus cartos. Só e cargando co seu baúl de viaxe, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasará a carruaxe que vai cara a Milán.
No mesmo lugar aparece coa idéntica intención Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixara composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos.
Ambos se coñecerán e compartirán a noite, e, con ela, desexos, sospeitas e medos mutuos, mentres agardan a que chegue o día e continuar as súas viaxes, pero...
O autorRoberto Salgueiro (Caracas, 1966). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC e DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Como autor teatral foi galardoado cos seguintes premios: Premio Álvaro Cunqueiro 1988, con
O arce do xardín; finalista do Premio Álvaro Cunqueiro 1989, con
Historia de Neera; Premio Álvaro Cunqueiro 2000, con
Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado; finalista do Premio Rafael Dieste 2001, con
Matanza, Premio Álvaro Cunqueiro 2002, con
Moliere final; Premio de Dramaturxia Carlos Couceiro 2002 con
Apnea; Premio de Teatro Abrente 2006, con
Memoria de Helena e María; Premio Álvaro Cunqueiro 2007, con
Historia da chuvia que cae todos os días. É director da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 1990, publicou diversos ensaios e traducións sobre a práctica teatral e dirixiu montaxes para diversas compañías de teatro e institucións públicas. Os seus traballos como director de escena e autor presentáronse en numerosas localidades de Galicia e España así como en Bélxica, Francia, Países Baixos, Noruega, Alemaña, Portugal, Marrocos, Porto Rico, Estados Unidos...
Talía TeatroValentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can) foi estreada pola compañía galega
Talía Teatro no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 4 de decembro de 2008.
Talía Teatro naceu no ano 1988 no Concello de Cee como grupo de teatro afeccionado vinculado á asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee. No ano 1996, despois de se constatar a evolución da compañía e despois das boas críticas e premios, decidiu dar o salto ao sector profesional montando numerosos espectáculos.