19/10/12
Roteiro de "Os fillos do mar" con Pedro Feijoo
Os membros do club de lectura Sete vidas de Espazo Lectura terán a oportunidade de facer na tarde de mañá sábado 20 de outubro o roteiro da novela Os fillos do mar acompañados do autor, Pedro Feijoo. Esta novela, que foi comentada na sesión do Sete vidas do pasado mes de xuño, ofrece un interesante percorrido pola arquitectura e o patrimonio histórico-monumental da
cidade de Vigo. Mañá, os asistentes ao club de lectura poderán completar ese percorrido literario cun roteiro guiado e comentado polo propio Pedro Feijoo, a quen desde Espazo Lectura lle agradecemos que accedese a acompañarnos. O punto de partida será a rúa Rosalía de Castro (a carón do mercado) de Gondomar ás 17 horas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario