9/10/12
Avións para a paz na Casa da Lectura
A guerra dos números, con texto e ilustracións de Juan Darién e editado por OQO, será o conto que centrará a sesión deste próximo mércores 10 de outubro na Casa da Lectura. Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos..., pero tamén unha ferramenta didáctica para familiarizarse con códigos e procesos matemáticos. A partir da lectura deste conto, os nenos e nenas construirán avións de papel e faranos voar. A sesión comezará ás 18:30h, aínda que a Casa da Lectura estará aberta xa desde as 17:30h. para lectura en sala ou para préstamo.
Deixámosvos agora algunhas imaxes da sesión coa que iniciamos a semana pasada a viaxe desta tempada na Casa da Lectura, co noso pasaporte lector para desprazarnos polo mundo dos contos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario