A sesión comezará ás 12:00 horas na biblioteca de Gondomar e adiantamos que será un chisco diferente, así que vos recomendamos que non a perdades.
O libro
Publicado por primeira vez en 1968, en A galiña azul o narrador vai
recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela
na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor
da bomba da Felicidade e do "papaio", unha lingua para falar cos
paxaros. Claro que o personaxe central é a Galiña Azul, á cal quere
matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de
dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas encarnadas na á
dereita, "non é unha galiña como é debido".
O autor
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en
2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis
importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de
obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario