Este mércores, a sesión de dinamización lectora da
Casa da Lectura correrá a cargo de dúas profesoras do colexio de Vilariño, Vanessa e Cristina, que van contar os contos
A que sabe a lúa? e
Pinocho con teatro de sombras.
A cita será a partir das
18:30 horas. Unha hora antes, a Casa da Lectura xa estará aberta para consulta e préstamos de libros.
Estas fotos correspóndense coa
sesión da semana pasada, dedicada ao ciclo das estacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario