16/1/12

"Inolvidable", de Alex Robinson, no Lecturas Debuxadas de xaneiro



O martes 17 de xaneiro, a sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas estará dedicada á novela gráfica Inolvidable (Astiberri Ediciones) do autor neoiorquino Alex Robinson.

A cita é na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20:00 horas.

O cómic
Andy Wicks, un home de mediana idade, intentouno todo para deixar de fumar, desde a forza de vontade ao último en parches e chicles de nicotina, así que quizais tamén podería probar coa hipnose. Que é o peor que podería ocorrer? O instituto! Andy vese de regreso a 1985 e debe volver vivir os seus anos de formación como un torpe e desgarbado adolescente. Deberá repetir os erros do seu pasado ou terá unha segunda oportunidade de facer ben as cousas? O que é seguro é que esta vez non deixará pasar a ocasión de pedirlle unha cita á moza da clase de matemáticas da que está namorado.

O autor
Alex Robinson naceu no Bronx, Nova York, en 1969. En 1987 graduouse en Yorktown High School. Traballou nunca importante libraría durante sete anos antes de deixar o traballo para dedicarse ao cómic a tempo completo. En 2001 gañou o premio Eisner ao Talento pola súa novela gráfica Malas Ventas, que tamén lle valeu o premio ao primeiro álbum no festival de Angoulême de 2005.


Nesta galería de imaxes pódense ver diferentes momentos da sesión de decembro do ano pasado, na cal contamos coa presenza de Jacobo Fernández Serrano que viu falar con nós sobre Lois Pereiro. Breve encontro.

No hay comentarios: