Mañá,
martes 16 de marzo, a partir das 20:00 horas, celébrase a sesión mensual do club
Lecturas Debuxadas dedicado, esta vez, ao cómic
Tres sombras do debuxante francés
Cyril Pedrosa (Norma Editora). Segundo a presentación editorial, trátase dunha "fábula ambientada nunha época perdida na imaxinación do home, cuns personaxes que buscan o seu destino e foxen da ameaza que representan as
Tres sombras. Unha historia motivada pola desgraciada perda do fillo dun grande amigo do autor".
Coma sempre, a cita será na
Biblioteca Municipal de Gondomar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario