
Mañá sábado, 25 de abril de 2009, ás 12.00 horas, a escritora
Gloria Sánchez estará en Gondomar para participar nunha nova sesión do club de lectura compartida
Lendo Contigo que organiza Espazo Lectura. O libro proposto nesta ocasión é Dez piratas, publicado pola editorial Obradoiro, e sobre el falará a autora, que se desprazará desde Santiago de Compostela para compartir este acto con todas as nenas e nenos asistentes. O encontro terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar e está dirixido nais e pais e nenos e nenas de 8 a 11 anos.
Gloria Sánchez, autora dunha obra infantil atrevida e renovadora, traducida a varias linguas, estará á disposición dos nenos e nenas do Val Miñor para responder todas aquelas cuestións e curiosidades que poidan xurdir arredor do seu libro, e para intercambiar opinións sobre a literatura e sobre o mundo.
A este club de lectura compartida adoitan asistir entre 50 e 60 persoas, entre nenos, nenas, pais e nais; a actividade pretende fomentar o diálogo familiar arredor do libro e a lectura.
Gloria Sánchez (Vilagarcía de Arousa, 1958) ten dúas fillas, máis de dúas ducias de libros publica

dos e unha árbore metida nun tarro, e gústalle coidar dela. Como autora abordou todos os xéneros: a narrativa, a poesía e o teatro, caracterizándose pola orixinalidade e a renovación. Entre as súas obras destacamos:
Fanfarrios (Xerais, 1991),
Rimas con letra (Xerais, 1991),
Bichos con gaseosa (Bruño, 1992), O capitán
Ro e o gato Bo (Xerais, 1994),
Pé mais eu (Rodeira, 1994),
Doutor Rus (Rodeira, 1995),
A raíña de Turnedó (Xerais, 1996),
Sete casas, sete bruxas e un ovo (SM, 1998),
A casa de vidrio do señor Clin (SM, 1999),
Teatro Feroz (Galaxia, 1999),
Chinto e Tom (SM, 2001),
Matapitos.com (Xerais, 2003),
Peluso (Edelvives, 2003),
A galiña da paz (Rodeira, 2003),
Contos con letras (SM, 2003),
Rimas con letra (Xerais, 2004),
Frangulla (Edelvives, 2004),
Adiviñas de animais (Obradoiro, 2004),
Rato pincho (Galaxia, 2004).
No hay comentarios:
Publicar un comentario