5/5/08

Bookcrossing no Val Miñor

Espazo Lectura prepara unha gran solta de libro galego para o próximo sábado 10 de maio. Constituirá a nosa acción central para as Letras Galegas e será a primeira vez que se produza unha liberación masiva e conxunta de libros no Val Miñor. A partir do sábado, o Bookcrossing buscará lectores e lectoras entre nós. Ceibaremos arredor de 12o libros en galego en distintos puntos dos tres concellos (Baiona, Gondomar e Nigrán). Eses puntos serán debidamente anunciados nesta web e todos os libros estarán rexistrados na páxina oficial de bookcrossing por Espazo Lectura. A solta complementarase coa edición dun folleto explicativo impreso coa colaboración dos tres gobernos municipais, e cunhas chamativas pegatinas (ademais das etiquetas bookcrossing de Espazo Lectura) que serán adheridas ás capas dos libros liberados.
Son libros rulantes.
Animádevos a buscalos!
Lédeos, rexistrádeos e volvede a liberalos!
En breve, daremos máis información.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

é rechamante que as pegatinas sexan chamativas.

Anónimo dijo...

Gústame esa pegatina. Dende logo muito mais que a que propuña bookcrossing España. E o de libro rulante... xenial. A ver si cazo algún.