Continuamos dando conta da derradeira actividade da tempada anterior, que se produciu o pasado 23 de xuño. Esa noite celebramos na Casa da Lectura a actividade
coa que Espazo Lectura pecha cada tempada: a Fogueira dos Versos. Como vén sendo habitual, fixemos un pequeno lume que nos serviu para asar uns chourizos, compartindo a cea, a conversa, a lectura de poemas e a maxia da fogueira.
Evidentemente, tamén houbo música, baile e herbas de San Xoán, axeitadas para esa noite, coa intervención dun grupo de rapeiras ao estilo Leo Arremecághona.
Posteriormente, gozamos cunha actuación do Mago Cali, que nos fixo rir e sorrir, abraiándonos coa capacidade poética da súa maxia.

Reproducimos tamén un vídeo gravado por Pedro Telmo para O xornal do Val Miñor, a quen lle agradecemos a súa atención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario