
Este mércores
16 de xuño , a partir das 18.30h, despedimos as
sesións de dinamización na Casa da Lectura ata despois do verán e farémolo cunha sesión moi saborosa. A
Casa da Lectura converterase nun restaurante no que escoitaremos contos e probaremos os pratos cociñados nas diferentes historias. Haberá montadiños de pan e queixo preparados na cociña real do conto
A pota que trota, tortilla preparada co ovo de
A vaca que puxo un vovo, croquetas de
Pito cairo e, de sobremesa, chocolate aos diferentes estilos de
Gústame o chocolate e torta con marmelada de amoras de
A casa da mosca chosca. Os nenos e nenas serán os clientes deste restaurante especial onde as cociñeiras e camareiras lles van ofrecer unha sesión "deliciosa" co noso
Menú do Conto.
Á volta das vacacións de verán volverán os contos á Casa da Lectura, para pasalo tan ben como na sesión da
semana pasada. Estas son algunhas imaxes dese día.




No hay comentarios:
Publicar un comentario