A pasada semana, a
Oficina de Formación de Espazo Lectura organizou unha viaxe a Porto, para visitar na cidade portuguesa diversos espazos dedicados ao libro e á lectura. Era unha nova saída para coñecer lugares, eventos ou iniciativas relacionadas co libro e a lectura que teñan interese para a experiencia e formación das persoas que colaboran activamente coa asociación.
Xa que logo, o sábado 13 de xuño, un grupo de persoas de Espazo Lectura visitaron as instalacións da
Biblioteca Municipal Almeida Garret de Porto, onde unha das bibliotecarias, Maria Jõao Sampaio, tivo a xentileza de ofrecer unha visita guiada a través das intalacións, acompañándo o grupo a través dun percorrido que foi descubrindo todos os espazos da fermosa biblioteca portuguesa: as distintas salas de lectura para diferentes idades, o espazo para visionado de filmes e escoita de música, a bebeteca, a sala de contacontos, a hemeroteca, os postos para acceder á rede wi-fi e unha ampla sala de exposicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario