11/2/09

Club Lecturas Debuxadas

O portal Culturagalega.org publica hoxe unha noticia na que se salienta, entre as novas iniciativas de divulgación da banda deseñada, o club Lecturas Debuxadas destacando o seu importante número de participantes.

Lembramos que o próximo martes día 17 celebrarase a sesión dedicada a Maus, relato dun supervivente, de Art Spiegelman (Premio Pulitzer, 1992).

2 comentarios:

Maria Vilar dijo...

Hola! Eu participaría sabendo onde as organizades, é moi interesante o que facedes, de tódalas maneiras, grazas a deus, vou robándolle o tempo pra ler sempre que podo, haha
Aburiño!

CLUB LECTURAS DEBUXADAS dijo...

Ola María.

Estamos no club lecturas debuxadas todos os terceiros martes de mes na biblioteca municipal de Gondomar ás oito da tarde.

A próxima sesión será o 17 de Marzo e estará adicada a Rio Abajo, de Rabaté, e a Arrugas, de Paco Roca.

Anímate e participa con nós!

http://blogsespazolectura.googlepages.com/home2226