14/1/09

Arredor de As rulas de Bakunin


Velaquí dúas imaxes da sesión do Sete Vidas que celebramos esta semana. Á xuntanza, coordinada por Bieito Legaspi, asistiron 12 persoas que compartiron impresións tras a lectura da novela de Riveiro Coello.
En xeral, todos os participantes valoraron a calidade da obra, salientouse a forza da historia, a vontade de estilo, a orixinalidade do tratamento do anarquismo dentro da literatura galega, a metáfora do libro e a palabra como elementos liberadores...
Tamén se debatiu arredor da concepción das personaxes femininas, así como do papel das mulleres e o grao de asunción dos postulados feministas dentro dos movementos libertarios da época.
A sesión do martes 3 febreiro estará coordinada por Fran Alonso que propuxo a novela Como se non existise, de Slavenka Drakulic, publicada por Xerais.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A historia de amor e tolemia da tía do protagonista, Lola, é un dos sub-argumentos que máis me tocou o corazón; pero o libro enteiro é unha delicia. Nótase que cada palabra está moi pensada, e buscada e incríblemente encaixada nas frases. Hai música, vida e un traballo de campo incrible por detrás de casa historia de "As rulas..."

Un pracer, espazo lectura, poder visitarvos e comprobar nunha viaxe polas vosas letras e imaxes todo canto facedes por esa biblioteca.

Un bico grande e saúdos para tódolos meus "bibliotecarios" de Gondomar.

Chus (Remoldiño)

;)