30/11/08

As boas noites de Paula Carballeira








Onte estivo con nós en Lendo Contigo a escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira que nos falou do libro Boas noites, da escuridade, dos monstros, dos medos, da noite e dos xogos. Máis de 50 persoas entre nenas, nenos e adultos gozamos coas historias marabillosas de Pedro Chosco, a Muller do Saco e Xiana, a nena que non tiña tempo para xogar.
Paula regalounos para rematar un fermoso conto turco dun Home do Saco namorado dunha bela dama.

E esta noite, moitos e moitas de nós, á hora de durmir, remexéndonos entre as sabas, cantaruxaremos como Xiana:

Mentres dormes

Pola noite

Vai andando o Pedro Chosco

Coas súas armas mata-medos

Co seu saco cheo de soños


¡Grazas Paula!

Deixade os vosos comentarios sobre que vos pareceu o libro Boas noites ou a sesión de onte do club de lecturas compartidas Lendo Contigo.




5 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas, Paula

Xiana dijo...

Ola, son Xiana, lin o libro "Boas Noites" e gustoume moito,a protagonista chámase coma min.Tamén estiven no clube de lectura,con Paula Carballeira, a autora do libro.Paseino moi ben, e o que máis me gustou foi cando Paula contou un conto sobre o Pedro Chosco de Turquía, era moi gracioso.
Xiana

Alma dijo...

Son Alma.Estiven no club de lectura con Paula Carballeira e paseino moi ben. O libro titulábase "Boas noites" e falaba dunha nena que tiña que ir a moitas actividades e non podía xogar.
Na sesión con Paula,a autora do libro,o que máis me gustou foi o susto que lle demos os nenos e nenas a Pedro Chosco.
Alma

Anxo dijo...

Ola, son Anxo e o libro de Boas Noites pareceume moi bonito. Onte estivemos con Paula no club de lectura e contounos moitas cousas como que ela lle tiña medo á soidade.
Anxo.

néstor dijo...

Ola, son Néstor. Gustoume moito o que nos contou Paula: A historia do Pedro Chosco de Turquia,os xestos que facia ó contar a historia e tamén como respondeu as preguntas que lle fixen sobre as suas obras de teatro e sobre o libro "Boas Noites". Pareceume moi simpatica.