Este mércores, 23 de marzo, serán nenos e nenas, por primeira vez, quen se convertan en contadores de contos na Casa da Lectura.A idea xorde dunha exitosa experiencia de contacontos interaulas realizada no colexio Souto Donas, na cal participaron como alumnos dese colexio os nenos e nenas que van facer mañá de contadores na Casa da Lectura. A experiencia terá unha carga afectiva especial xa que son nenos e nenas que asisten habitualmente ás sesións infantís de dinamización de Espazo Lectura.
Así, Ismael vai contar O ladrón de palabras; Ana e Xela, Pequeno Azul, pequeno Amarelo, e Alma e Emma, Gústame o chocolate.
Así, Ismael vai contar O ladrón de palabras; Ana e Xela, Pequeno Azul, pequeno Amarelo, e Alma e Emma, Gústame o chocolate.
Despois, todos os nenos e nenas se converterán en contadores dos contos que imos artellar en grupo. A actividade comezará a partir das 18.30 horas.
Estas imaxes correspóndense coa sesión do mércores pasado, cando recibimos a visita de Catuxa e María, dúas profesoras do CRA Antía Cal que nos contaron O nacemento do dragón con música en directo.






Estas imaxes correspóndense coa sesión do mércores pasado, cando recibimos a visita de Catuxa e María, dúas profesoras do CRA Antía Cal que nos contaron O nacemento do dragón con música en directo.






No hay comentarios:
Publicar un comentario