- Suxerencias e orientacións sobre a lectura (ofrece consellos para dedicar tempos á lectura compartida na casa).
- Outro apartado sobre temas favoritos (inclúe referencias de artigos, libros e actividades en torno a un tema e aos libros infantís que tratan ese tema)
- E un último apartado con recomendacións (informa sobre novidades de libros infantís, clasificadas por idades para diferentes tipos de lectores non adultos).
Mostrando entradas con la etiqueta Lectura na casa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lectura na casa. Mostrar todas las entradas
16/2/08
Consellos para a lectura infantil na casa
A Fundación Germán Sánchez Ruipérez acaba de facer pública a súa colaboración co portal web Cyberpadres, na sección Afición a la lectura. Como todo o que fai a FGSR, é moi recomendable. A devandita sección inclúe tres apartados:
4/2/08
Lectura na casa
Por Antonio García Teijeiro
Cada vez que saen estudos sobre hábitos culturais, índices de lectura ou o célebre informe Pisa, todo o mundo bota as mans á cabeza e culpabiliza a escola ou aos plans educativos dos resultados que reflicten. Poucos miran cara adentro e reflexionan para preguntarse polo ambiente lector no ámbito familiar. Eu penso que a lectura non debe impoñerse, senón facilitarse. A tarefa de fomento na escola non abonda e especialistas preocupados seguen a incidir na necesidade da implicación familiar, un hábito necesario para que os cativos imiten esta actividade silenciosa e solitaria.
Podemos seguir preguntándonos se se favorece na casa que os rapaces sintan o libro coma un obxecto cercano e que alguén se convirta en mediador entre os contos e os nenos. Hai consciencia de que a lectura non é un castigo nin unha perda de tempo, malia esixir un esforzo que poderá converterse en goce se perseveramos nela? Visitan os pais e nais as librerías ou as bibliotecas con eles para axudalos a elixir o libro máis axeitado? Non estou seguro de que se controlen os temas nin que se fomente a creación dunha biblioteca persoal infantil nos andeis das casas. Ou si?
Son preguntas que, a miúdo, dá medo contestar, pero que debemos facernos se queremos acadar que a nosa rapazada lea. E respondelas sen medo e con intelixencia. Non hai fórmulas máxicas (nin as haberá nunca) para facer nenas e nenos lectores, mais debemos ser conscientes de que é unha estampa fermosa ver os pequechos cun libro nas mans.Por iso, haberá que comezar nos fogares.
(Publicado en A Nosa Terra)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
