Deixámosvos aquí algunhas imaxes da sesión do pasado luns, 4 de outubro, coa que inauguramos a nova tempada deste contacontos semanal que Espazo Lectura organiza os luns, ás 18:00h, na Biblioteca Municipal.










Con esta sesión inaugúrase a nova tempada de actividades de dinamización lectora destinadas a nenos e nenas a partir de 3 anos que cada mércores a asociación Espazo Lectura programa na Casa da Lectura, pequena biblioteca e centro de recursos ubicada na parroquia de Donas (Nogueira, 8), en Gondomar.
Todos os mércores, a Casa da Lectura abrirá as súas portas de 17:30h a 19:30h para que as nais e pais poidan achegarse a ler cos nenos e nenas e para participar nas actividades de dinamización que se organizan semanalmente ás 18:30h. Propostas diferentes nas que se relacionan os contos e as historias con moitas outras expresións, sempre de maneira lúdica.
Servando Barreiro participando nunha sesión do Contomar
Encontro coa tradutora
A partir das 21.00h estará connosco a tradutora da novela, Mona Imai, quen asumiu o reto de traducir a obra do xaponés ao galego. Poderemos falar con ela arredor do libro e do seu traballo de tradución.
O libro
Estrañamente, a cociña é o lugar onde Mikage se sente máis arroupada tras a morte da súa avoa, única persoa coa que vivía. Un día, un mozo veciño chama á súa porta e ofrécelle que vaia vivir con el e coa súa nai durante un tempo. Cando o mozo lle confesa que a súa nai non é realmente a súa nai, os dous inician unha profunda amizade.
Banana Yoshimoto narra unha historia do Xapón contemporáneo, cunha delicadeza que embeberá por completo o lector nesta obra, tanto na súa cara dramática como na beleza con que debuxa a amizade e o amor.
A autora
Banana Yoshimoto (Toquio, 1964) é unha das escritoras xaponesas máis relevantes dos últimos anos. Licenciada en literatura na Universidade de Nihon, debutou con Kitchen, novela escrita na súa época estudantil e que supuxo o descubrimento dunha autora de gran sensibilidade. Filla dun coñecido pensador e poeta, Banana Yoshimoto escribiu novelas, relatos e ensaios, caracterizados pola insólita sensibilidade e delicadeza con que aborda os temas do amor, a amizade, a soidade e a morte. Entre outros galardóns nacionais e internacionais obtivo os premios Kaien, Izumi Kyoka, Yamamoto Shugoro, Murasaki Shikibu, Newcomer Writers Prize, Premios Scanno, Premio Fendissime, etc.
Picando na imaxe pódese ampliar o cartel coa programación completa do trimestre para cada un dos tres clubs que Espazo Lectura mantén mensualmente: o Club de lectura Sete Vidas, o Club Lecturas Debuxadas e o Club de lectura compartida Lendo Contigo.

Segundo os vellos costumes celtas e seguramente tamén os castrexos, o ano pártese en dúas estacións: verán e inverno. Non reparan e máis matices. E o paso dunha estación a outra exactamente na noite que vai do último día de outono ao primeiro día de Santos. A noite de Samaín. Claro que, se fose só isto o que os costumes celtas ou castrexos ordenasen facer, a cousa non pasaría dun cambio de aires. Non, a noite de Samaín, ademais de separar o ano, confunde o mundo do máis alá co noso munto terreal. E iso si xa é outra historia, a historia que viven neste cómic do autor de Os Bolechas os coñecidos habitantes do castro de Baroña: os Barbanzóns.
a Yoshimoto (Toquio, 1964) é unha das escritoras xaponesas máis relevantes dos ultimos anos. En Kitchen (1987), a súa primeira novela, narra unha historia do Xapón contemporáneo. Estrañamente, a cociña é o lugar onde Mikague se sente arroupada tras a morte da súa avoa, única persoa coa que vivía. Un día, un mozo chama á porta e ofrecelle que vaia vivir con el e coa súa nai durante un tempo. Cando o mozo lle confesa que a súa nai non é realmente a súa nai, os dous inician unha profunda amizade.
Will Eisner é un dos grandes mestres do cómic mundial e Contrato con Dios é unha das súas obras máis coñecidas e admiradas. Cando se publicou por vez primeira en 1978 cambiou o rumbo da historia da banda deseñada dando á luz a primeira novela gráfica, coa que o cómic entrou no mundo adulto con historias máis maduras e profundas. Este volume recolle tres historias situadas nun mesmo barrio americano que amosan o Eisner máis conmovedor e universal.
O venres 23 de xullo, na Casa da Lectura, Espazo Lectura celebrou unha sesión especial do club de lectura Sete Vidas onde máis de 15 persoas compartimos as nosas impresións sobre a novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro a partir das preguntas que nos realizou Todd Mack, un investigador da Universidade de Stanford que nos visitou para asistir a un dos nosos clubs de lectura e poder recabar información sobre a recepción da novela de Rivas nos lectores galegos.


As vacacións de verán, co tempo de lecer que proporcionan, son unha boa época para divertirse en familia lendo.