19/11/12

O club Lecturas Debuxadas dedica a sesión mensual a Carlos Giménez




O club Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura celebra este martes 20 de novembro a súa sesión mensual. Nesta ocasión, a obra sobre a que se vai falar é Todo Barrio, de Carlos Giménez. A sesión comezará ás 20:00 horas e terá lugar na Biblioteca de Gondomar.

Carlos Giménez está considerado como o autor máis importante da historieta española das últimas tres décadas. En Barrio narra a súa infancia no Madrid dos anos 50 tras saír do orfanato de Paracuellos.

 


Na sesión do mes de outubro, tivemos a visita de Tokio, autor de Cabana de Balieiros. Estas son varias imaxes dese día.




1 comentario:

Anónimo dijo...

OLa,

Estou a buscar festivais de banda deseñada no Arco Atlántico. Aparte do de Coruña e do de Angulema, ¿sabedes dalgún máis? Grazas