Despois analizou o mundo da banda deseñada dende diversas perspectivas: dende a súa experiencia como editor, ilustrador, empresario, creador... Nesta última faceta mostrounos un par de traballos feitos en madeira e un fragamento da obra na que está a traballar: Baixo as sombras das pedras flotantes, unha novela gráfica (baseada na obra de Manuel Lourenzo González O xardín das pedras flotantes) que será editada por Xerais.
Nesta sesión tamén inauguramos a exposición As bases da banda, que estará na Biblioteca Municipal de Gondomar ata o día 14 de novembro.
A próxima cita co Lecturas Debuxadas será o martes 17 de novembro ás 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar e estará dedicada á lectura de As serpes cegas, o recente Premio Nacional de Cómic, unha obra de Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí editada por BD Banda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario