As xornadas Lendo en familia, que se celebrarán en Gondomar no mes de outubro e destinadas fundamentalmente a nais e pais, queren ser un paso máis nese esforzo por compartir lecturas:
- para aprender a contar contos e a ler cos nosos fillos e fillas
- para reflexionar sobre a importancia da lectura na súa formación
- para coñecer o que se está a publicar en literatura infantil e xuvenil
- para divertirse e aprender trucos e para coñecer as ferramentas que poden axudarnos a gozar dese proceso...
Dentro do programa inclúense conferencias e obradoiros a cargo de Concha Costas (presidenta de Espazo Lectura), Cristina Novoa (asesora de bibliotecas escolares da Consellería de Educación), Paula Carballeira (escritora, contadora e actriz), Dolores Vilavedra (profesora da Universidade de Santiago), María do Cebreiro (escritora) ou Agustín Fernández Paz (escritor).
1 comentario:
EStou desexando que empecen esas xornadas ,xa que vai a ser un honor estar con tantas persoas interesantes. Adiante Contomar! Saúdos dende Bibliobelesar.
Publicar un comentario