23/3/09
Nais actrices e pais actores
Con esta actividade, Espazo Lectura quere contribuír á difusión do Día Internacional do Teatro, que se celebra anualmente o 27 de marzo. A cita será, como todos os luns, ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
21/3/09
Día Mundial da Poesía
Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 co obxectivo de promover a poesía como unha forma de cultura esencial.En Espazo Lectura celebraremos esta data o sábado 28 de marzo no club de lectura compartida Lendo Contigo. Ese día contaremos coa presenza de Ana María Fernández coa que falaremos sobre o seu libro Poemas que me cantou o grilo.
Pola súa parte, a Consellería de Cultura programou recitais en varias cidades galegas a cargo do grupo Ouriol, formado pola poeta Eva Veiga e os músicos Fito Ares e Bernardo Martínez, que presentan o espectáculo poético-musical De amor e morte. O máis próximo a nós será o martes 24 de marzo ás 19.00 h na Biblioteca Central de Vigo.
17/3/09
Sesión de contacontos na Galescola de Nigrán

O mércores 11 de marzo, Rosana Estévez, vicepresidenta de Espazo Lectura, visitou a Galescola de Nigrán á que foi convidada para contarlles contos aos cativos e cativas.
Esta sesión enmárcase dentro das actividades que Espazo Lectura está a realizar en colaboración con colexios e outras entidades do Val Miñor. En datas recentes estivemos no Centro Cultural de Mañufe, no CEP Xosé Neira Vilas (Peitieiros) e no CEIP Souto-Donas, e nas próximas semanas seguiremos ofrecento esta actividade noutros centros de ensino da zona.
15/3/09
Remata o obradoiro de lectura e creación poética
A esta actividade asistiron 15 persoas, que durante cinco xornadas gozaron da lectura dunha estupenda selección de textos, poéticos e non poéticos, a través dos cales se aproximaron ao feito literario. Ademais, nas sesións os asistentes amosaron a súa capacidade creativa no eido da poesía. En breve publicaremos neste blog unha escolma dos textos que se escribiron neste obradoiro; pero, para ir abrindo boca, adiantamos un poema colectivo resultado da suxestión individual provocada polo visionamento fugaz de tres cadros de Frida Khalo:
A árbore amarela
No xardín dos monstros deliciosos
hai unha roupaxe de bonecas.
Pés de auga sobre terra acoutada,
unha angustia chea de auga.
Pintura, ensoño, durmida,
un grave fondo ardente inframundo.
Frida Khalo co peito atravesado,
entre o ceo e o inferno,
Deitada nunha impresión amarela.
Frida Khalo durmida entre flores,
ela especial e a súa vida chea de cores.
11/3/09
Club de Formación Lectora
Onte celebrouse a sesión do Club de Formación Lectora dedicada ao comentario da obra Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea de Daniel Cassany.A seguinte sesión deste club pensado para garantir a formación continua das persoas vencelladas á asociación centrarase no libro Atravesar o espello do autor galego Xavier Seoane (publicado no ano 2000 por Xerais na colección Peto).
Segundo se di na presentación editorial: "Atravesar o espello quere ser unha reflexión sobre os libros e a lectura, pero sobre todo unha invitación a ler, a máis fermosa, fecunda e incesante viaxe".
A sesión terá lugar o martes 28 de abril ás 19.30 horas na biblioteca do CRA Antía Cal.
9/3/09
Animación á lectura
6/3/09
Lecturas na rede e Club de Formación Lectora
Precisamente sobre literacidade electrónica tamén fala o libro escollido para a próxima sesión do Club de Formación Lectora de Espazo Lectura, que terá lugar o vindeiro 10 de marzo, ás 19.30 horas na Biblioteca do CRA Antía Cal. Trátase de Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea, de Daniel Cassany, publicado en 2006 por Anagrama.
4/3/09
Declaración dos dereitos do libro
Artigo 1
Os libros, todos os libros, teñen dereito a existir.Artigo 2
Os libros son iguais entre eles, sen distinción da súa orixe, fortuna, nacemento, opinión ou editor.Artigo 3
Todo libro ten dereito á vida, á súa comercialización, á sorte de serlle exposto ao lector e ofrecerlle ao seu autor a posibilidade de ser escoitado e remunerado con xustiza.Artigo 4
Todos son iguais ante a lei que os somete á igualdade de prezo en calquera lugar onde sexan expostos.Artigo 5
Todos teñen dereito a que en todos os lugares se recoñeza a súa personalidade, a personalidade do autor e do editor.Artigo 6
O libro, obra de imaxinación así como de investigación, diríxese á imaxinación e ás necesidades do ser humano. Así que non debe ser tratado na súa comercialización como un produto simplemente de consumo.Artigo 7
O libro é e será garante das nosas liberdades. Non pode en ningún caso ser sometido a aversión sexa pola formulación das súas ideas como pola súa misión fundamental de promover o libre intercambio das culturas, as mentalidades e os saberes.Artigo 8
O libro, portavoz do espírito, da ciencia, de praceres, rexistro do saber e obra de creación, debe ser tratado coma un ben indispensable para a cultura, a promoción social e espiritual, a información, e non pode ser tratado como un vulgar obxecto de proveito.Vía Brétemas.
2/3/09
"O home inédito" no Sete Vidas
Esta obra tamén foi pioneira na utilización das ferramentas audiovisuais na promoción do libro galego na rede:
A sesión, aberta a quen queira participar, será coma sempre na Biblioteca de Gondomar ás 20.00 do serán.
28/2/09
Encontro con Concha Blanco
Antes, Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, e Rosana Estévez, coordinadora da actividade, repartíronlles aos nenos e nenas que participan no club unha especie de diario de lecturas: un caderno para que rexistren as sesións do Lendo Contigo ás que asisten así como todo aquilo que queiran anotar antes, durante e despois da lectura e do encontro cos autores e autoras.
Ademais, os nenos, nenas, nais e pais que participaron na sesión especial Lecturas para a paz recibiron un agasallo de Espazo Lectura como agradecemento á súa colaboración.


26/2/09
Concha Blanco, no Lendo Contigo
Este próximo sábado 28 de febreiro, ás 12.00 horas, a escritora Concha Blanco estará connosco para participar no club de lectura compartida Lendo Contigo.
O libro proposto para este encontro é Boris, publicado pola editorial Galaxia, sobre o que Concha Blanco falará cos nenos e nenas que veñan participar no club. O encontro terá lugar, como é habitual, na Biblioteca de Gondomar.
Desde Espazo Lectura recomendamos a lectura doutros libros de Concha Blanco, especialmente Boris e compañía, pois constitúe unha continuación do título proposto para esta sesión.
