O segundo día da
Semana do Libro e a Lectura é este
mércores 18 de abril. A sesión de dinamización lectora que semanalmente acolle a
Casa da Lectura terá unha convidada especial, a actriz e contadora
Bea Campos, que presentará o espectáculo
"Cantarela, contos e cantos para nenos e nenas".
A actividade comeza ás
18:30 horas.
As seguintes imaxes son da sesión celebrada o
mércores 11 de abril, cando os nenos e nenas escribiron e gardaron en botiños as súas palabras preferidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario