A
V Semana do Libro e a Lectura ten o xoves 19 unha nova cita. O ilustrador
Kiko da Silva impartirá un
obradoiro de ilustración para nenos e nenas na Biblioteca Municipal a partir das 18.00 horas.
Para participar, cómpre inscribirse a través do correo electrónico de Espazo Lectura (cun límite de 30 prazas).
A actividade enmárcase dentro da programación da
V Semana do Libro e a Lectura
que estamos celebrando entre o martes 17 e o luns
23 de abril, Día Internacional do Libro.
Kiko da Silva, un dos grandes nomes da ilustración en Galicia, ideará o obradoiro a partir do seu personaxe Fiz que dá nome á
revista infantil de humor gráfico e protagonista do libro
Fiz nos biosbardos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario