A sesión de dinamización lectora deste mércores, 5 de decembro, xirará arredor de tres contos:
Nadarín,
Rosa Caramelo e
Artur e Clementina. Tres libros que convidan a pensar e a aprender valiosas leccións como o valor da diferenza, a igualdade ou a superación de estereotipos sexistas.
A actividade comeza ás 18:30h na Casa da Lectura e unha hora antes xa podedes achegarvos para consultar ou levar libros en préstamo.
Estas
imaxes foron tomadas na sesión da semana pasada, onde viaxamos polas
diferentes rexións do planeta e coñecemos os animais que habitan nelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario