O club
Lecturas Debuxadas de Espazo
Lectura celebra este martes 20 de novembro a
súa sesión mensual. Nesta ocasión, a obra sobre a que se vai falar é
Todo Barrio, de Carlos Giménez. A sesión comezará ás 20:00 horas e terá lugar na Biblioteca de Gondomar.
Carlos
Giménez está considerado como o autor máis importante da historieta
española das últimas tres décadas. En
Barrio narra a súa infancia no
Madrid dos anos 50 tras saír do orfanato de Paracuellos.
Na sesión do mes de outubro, tivemos a visita de
Tokio, autor de
Cabana de Balieiros. Estas son varias imaxes dese día.
OLa,
ResponderEliminarEstou a buscar festivais de banda deseñada no Arco Atlántico. Aparte do de Coruña e do de Angulema, ¿sabedes dalgún máis? Grazas