Este mércores, na Casa da Lectura, imos descubrir
A aventura sorprendente dun homiño moi valente, de Hans Traxler, editado por
Xerais. Veremos o que pode pasar cando topas unha esponxa a man, pero
tamén descubriremos o que pode pasar cando entras nunha aventura que te
sorprende, aínda que non sexas un homiño moi valente. Esperámoste na
Casa da Lectura a partir das 17:30h se queres vir ler ou coller libros en préstamo, para dar paso logo á sesión, que comezará, como todos os mércores, ás 18:30h. Anímate a
sorprenderte, mesmo pode ser unha aventura disparatada.
Deixámosvos a continuación algunhas imaxes da sesión da semana pasada, que xirou arredor do conto
A guerra dos números.
No hay comentarios:
Publicar un comentario