Na sesión de dinamización lectora deste mércores, 9 de maio, na Casa da
Lectura, imos falar e xogar coa música a través do conto
A banda de Vilacendoi (Kalandraka). A sesión comeza ás 18:30 horas.
No medio dun soto está Vilacendoi. Por centos de anos a xente viviu
aquí. Cada recuncho ten o seu nome. Cada casa a súa historia… É certo
que hai moitas aldeas con igrexa, fonte ou pombal, mais moi poucas con
quiosco de música. Porque o que fai que Vilacendoi sexa única é que aquí
houbo noutros tempos… unha banda de música.
Deseguido pódense ver algunhas imaxes da
actividade da semana pasada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario