Este mércores na
Casa da Lectura temos unha sesión de dinamización lectora protagonizada por ratos poetas. A partir da lectura dos contos
Frederik, de Leo Lionni (
Kalandraka), e
Honorato o rato namorado, de García Teijeiro (
Xerais), vannos medrar bigotes e orelliñas e, transformados en roedores, imos saír ao xardín da Casa para recitarlle poemas á lúa.
A actividade comeza a partir das
18:30 horas.
Estas imaxes recollen varios momentos da
sesión do mércores pasado, cando se musicaron e cantaron poemas do libro
Recendos de aire sonoro despois de que cada neno e nena contruíse o seu propio instrumento de percusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario