O
Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, inclúe no seu
programa de actividades diferentes encontros de membros de clubs de lectura con autores e autoras da literatura galega, denominados
cafés literarios. Espazo Lectura foi convidado a participar nun
Café co escritor e xornalista Manuel Rivas, polo que un grupo de persoas asiduas aos nosos
clubs de lectura conversarán este sábado 3 de decembro con Manuel Rivas sobre diferentes aspectos da súa obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario