Durante estes últimos catro meses o equipo de contadores e contadoras de Espazo Lectura visitou os centros de ensino que son socios protectores da asociación con dúas sesións de contacontos:
Contos de monstros e
O ciclo da auga. O
CEIP Chano Piñeiro de Gondomar acolle mañá venres a última destas sesións coas que Espazo Lectura quere corresponder e agradecer a importantísima
colaboración destes dez centros de ensino que apoian o noso proxecto e nos axudan a facer chegar a información das actividades ás familias do seu alumnado.




No hay comentarios:
Publicar un comentario