O 15 de febreiro de 2006 nacía o Contomar, as sesións de contacontos para nenos e nenas de 3 a 9 anos que cada semana seguen coa súa cita da man de Espazo Lectura na Biblioteca Municipal de Gondomar. Este luns, ademais de celebrarmos os cumprecontos de Nati e Anxo, os 55 nenos e nenas cantaron e riron con historias como
Adiviña canto te quero, de
Kókinos,
Queres xogar comigo?, de
Kalandraka,
Dóeme a lingua, de
Rodeira, ou
O soño do osiño rosa e
Croco, de
OQO. Moitas grazas a todos os contadores e contadoras que lle dan vida ás historias e ás familias que cada semana nos acompañan nesta viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario