Onte á mañá celebrouse no
Auditorio Lois Tobío de Gondomar o concerto
Contos en cantos, para o que Espazo Lectura reuniu arredor de 400 persoas que asistiron para vibrar e divertirse coas cancións interpretadas polos músicos de Almudena Janeiro, cancións baseadas en doce contos de
OQO editora (
Chocolata,
Mariluz Avestruz,
Titiritesa,
Loboferoz...). Á saída, OQO e a
Secretaría Xeral de Política Lingüística agasallaron aos 240 nenos asistentes con candanseu libro-CD-DVD, que contén as letras e as cancións de
Contos en Cantos. O libro tamén pode atoparse nas librerías. Reproducimos unha crónica fotográfica do evento con imaxes cedidas por Bruno Centelles.






No hay comentarios:
Publicar un comentario