A rede de
Bibliotecas Municipais da Coruña (que constitúe un referente dignísimo para o resto de Galicia) convocou un orixinal concurso baixo o lema
Amosa o que les. Trátase dun concurso fotográfico sobre a lectura, coa intención de poñer de relevo o acto lector e, ao tempo, perfirlarse como unha iniciativa para o fomento da lectura. Segundo as
bases, nas imaxes debía aparecer o título do libro e a persoa que o estaba a ler. Agora, a través da web, pódese
votar libremente a favor dalgunha das fotografías
participantes no concurso. Unha proposta fermosa e singular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario